Continuando coa labor de divulgación do noso patrimonio natural entre os máis novos, a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental organiza unha nova Conversa Naturalista, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa biodiversidade máis próxima.
Nesta ocasión, estará centrada no mundo dos cogomelos, e para achegarnos a eles contaremos coa presenza de Raquel Poncini, con quen aprenderemos sobre a súa bioloxía, identificaremos algunhas das especies que se atopan na nosa contorna, coñeceremos aqueles hábitats onde podemos atopalas,... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que a levaron a introducirse na micoloxía, así como as lecturas que considera indispensables para iniciarnos no reino fungi.
A conversa infantil incluirá un pequeno taller de identificación para aprender algunhas das características que temos que ter en conta á hora de recoller cogomelos.
A actividade terá lugar o vindeiro xoves, 7 de novembro, ás 18.00 h. nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede do Centro de Documentación, cunha duración aproximada de dúas horas.
Está dirixida a público infantil, de 7 a 14 anos, que poderán vir acompañados dun adulto, se o desexan.
Raquel Poncini
Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería no Sergas, afeccionada á micoloxía dende hai máis de 15 anos, é guía micolóxica titulada, e vicepresidenta da Asociación Micolóxica Coruñesa e da Federación Galega de Micoloxía.
Incrición: é imprecindible reservar praza a través do seguinte formulario.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org