De 10 a 14 horas.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'
XARDÍN BOTÁNICO DE NOVA YORK
O primeiro Director Científico latinoamericano do Xardín Botánico de Nova York di que é hora de que os xardíns “comecen a aportar solucións ao mundo”. Non podemos seguir facendo ciencia como estamos acostumados. Por suposto, a ciencia está para investigar e para entender a natureza pero tamén para axudarnos a protexer o Planeta, mellorar a nosa calidade de vida e responder aos retos ambientais.
MAURICIO DÍAZGRANADOS
Biólogo, Investigador da Institución Smithsoniana, posto que deixa para asumir a dirección científica do Xardín Botánico de Bogotá e intentar axudar cos seus coñecementos á poboación. Dirixiu a construción do invernadoiro máis grande de Latinoamérica e creou un programa para Colombia nos Kew Gardens de Londres onde estivo 7 anos e liderou a iniciativa de Solucións baseadas na Natureza. Hoxe é o Director Científico e Decano de Ciencias do Xardín Botánico de Nova York, un dos maiores epicentros de investigación de plantas e fungos do mundo.
PONTEVEDRA
Destaca polo deseño e posta en marcha dun modelo de cidade centrado nas persoas, na priorización do peón e na aposta dunha convivencia respectuosa e pacífica cos ciclistas e automobilistas. En Pontevedra, a cidadanía é a protagonista absoluta. O seu modelo de xestión ten conseguido numerosos premios autonómicos, estatais e internacionais.
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978. Traballou no Ambulatorio “Virxe Peregrina” de Pontevedra. Comeza a súa vinculación ó nacionalismo e participa en distintos movementos sociais e ecoloxistas en 1974. En 1983, é elixido concelleiro do BNG en Samos (Lugo). Dende 1987 ata xullo de 1999 é portavoz municipal do BNG no Concello de Pontevedra e o 3 de xullo de 1999 tomou posesión como Alcalde.
XENEBRA
Esta cidade ten sabido combinar a súa historia cunha visión de futuro centrada na sustentabilidade e na innovación. Xenebra sitúase no noveno lugar do ranking mundial de cidades que máis avanzan cara a intelixencia e a sustentabilidade, subliñando a súa excelencia na calidade de vida e na aplicación tecnolóxica orientada a súa cidadanía, entre outras cuestións. O seu progreso, non só tecnolóxico, céntrase na sustentabilidade ambiental: mellora da calidade da auga da cidade e políticas para reducir o seu consumo, unha aposta pola mobilidade con incremento de carrís para bici e autobuses eléctricos, priorizarión dos peatóns, etc.
ALFONSO GÓMEZ CRUZ
É economista de formación e estivo destinado en numerosos países en conflito formando parte de Cruz Vermella Internacional, de Sudán a Somalia, pasando por Irán, os Balcáns ou Centroamérica. Tamén foi director adxunto do Conservatorio Popular de Música, Danza e Teatro de Xenebra e membro da Liga Suiza de Dereitos Humanos. Líder do Partido Verde, o seu obxectivo é centrarse en cuestións climáticas e nos Dereitos Humanos. Foi a catástrofe do Prestige nas costas galegas o que o animou a involucrarse no movemento ecoloxista.
VITORIA – GASTEIZ
Nomeada como Green Capital en 2012, galardón da Comisión Europea que recoñece anualmente a unha cidade europea de máis de 100.000 habitantes líder en materia de sustentabilidade ambiental, social e económica. O seu Anillo Verde, posto en marcha hai 30 anos, responde a un deseño urbano comprometido coas zonas verdes e a súa xestión municipal inclúe unha política de servicios próximos á cidadanía.
FERNANDO DE JUANA ARANZANA
Enxeñeiro de Montes e Xefe da Unidade de Anillo Verde y Biodiversidad, Departamento de Medio Ambiente, do Concello de Vitoria-Gasteiz. Está vinculado a este proxecto dende os seus inicios no ano 1992.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org