• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Encontros Axenda 2030: Grandes cidades. O seu papel na loita contra o cambio climático e a crise ambiental

Vostede está aquí

Encontros Axenda 2030: Grandes cidades. O seu papel na loita contra o cambio climático e a crise ambiental
Prazas limitadas!
Data
venres, 15 Novembro, 2024
Horario

De 10 a 14 horas.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Deputación da Coruña, dentro do programa 'Para unha Transición Ecolóxica'

Obxectivos
  • Coñecer experiencias de cidades nas que o deseño urbano e as políticas municipais están enfocadas a mellorar a calidade socioambiental da súa contorna.
  • Presentar os xardíns botánicos como ferramenta científica para aportar solucións aos retos ambientais e avanzar na protección do planeta.
  • Reflexionar sobre como as cidades poden contribuír á loita contra o cambio climático e a crise ambiental.
Dirixido a
  • Alcaldes e concelleiros/as.
  • Responsables políticos e persoal técnico das Administracións Locais.
  • Persoal técnico dos Grupos de Desenvolvemento Rural, Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e outras entidades que traballen no desenvolvemento local.
  • Profesionais e outras persoas interesadas.
Programa
  • 10.00 h. Benvida institucional e presentación da xornada.
  • 10.30 h. Conferencia inaugural: O papel dos xardíns botánicos na sostibilidade. D. Mauricio Diazgranados. Director Científico do Xardín Botánico de Nova York.
  • 11.30 h. Descanso.
  • 12.00 h. Bloque de experiencias:
    • Pontevedra, un modelo urbano pensado para as persoas. D. Miguel Ángel Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
    • Xenebra: cuna da sostibilidade e a innovación. D. Alfonso Gómez. Alcalde de Xenebra.
    • Vitoria-Gasteiz, o Anillo Verde. D. Fernando de Juana Aranzana. Xefe da Unidade de Anillo Verde y Biodiversidad. Departamento Medio Ambiente. Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz.
Experiencias e participantes

XARDÍN BOTÁNICO DE NOVA YORK
O primeiro Director Científico latinoamericano do Xardín Botánico de Nova York di que é hora de que os xardíns “comecen a aportar solucións ao mundo”. Non podemos seguir facendo ciencia como estamos acostumados. Por suposto, a ciencia está para investigar e para entender a natureza pero tamén para axudarnos a protexer o Planeta, mellorar a nosa calidade de vida e responder aos retos ambientais. 

MAURICIO DÍAZGRANADOS
Biólogo, Investigador da Institución Smithsoniana, posto que deixa para asumir a dirección científica do Xardín Botánico de Bogotá e intentar axudar cos seus coñecementos á poboación. Dirixiu a construción do invernadoiro máis grande de Latinoamérica e creou un programa para Colombia nos Kew Gardens de Londres onde estivo 7 anos e liderou a iniciativa de Solucións baseadas na Natureza. Hoxe é o Director Científico e Decano de Ciencias do Xardín Botánico de Nova York, un dos maiores epicentros de investigación de plantas e fungos do mundo.

PONTEVEDRA
Destaca polo deseño e posta en marcha dun modelo de cidade centrado nas persoas, na priorización do peón e na aposta dunha convivencia respectuosa e pacífica cos ciclistas e automobilistas. En Pontevedra, a cidadanía é a protagonista absoluta. O seu modelo de xestión ten conseguido numerosos premios autonómicos, estatais e internacionais.

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978. Traballou no Ambulatorio “Virxe Peregrina” de Pontevedra. Comeza a súa vinculación ó nacionalismo e participa en distintos movementos sociais e ecoloxistas en 1974. En 1983, é elixido concelleiro do BNG en Samos (Lugo). Dende 1987 ata xullo de 1999 é portavoz municipal do BNG no Concello de Pontevedra e o 3 de xullo de 1999 tomou posesión como Alcalde.

XENEBRA
Esta cidade ten sabido combinar a súa historia cunha visión de futuro centrada na sustentabilidade e na innovación. Xenebra sitúase no noveno lugar do ranking mundial de cidades que máis avanzan cara a intelixencia e a sustentabilidade, subliñando a súa excelencia na calidade de vida e na aplicación tecnolóxica orientada a súa cidadanía, entre outras cuestións. O seu progreso, non só tecnolóxico, céntrase na sustentabilidade ambiental: mellora da calidade da auga da cidade e políticas para reducir o seu consumo, unha aposta pola mobilidade con incremento de carrís para bici e autobuses eléctricos, priorizarión dos peatóns, etc.

ALFONSO GÓMEZ CRUZ
É economista de formación e estivo destinado en numerosos países en conflito formando parte de Cruz Vermella Internacional, de Sudán a Somalia, pasando por Irán, os Balcáns ou Centroamérica. Tamén foi director adxunto do Conservatorio Popular de Música, Danza e Teatro de Xenebra e membro da Liga Suiza de Dereitos Humanos. Líder do Partido Verde, o seu obxectivo é centrarse en cuestións climáticas e nos Dereitos Humanos. Foi a catástrofe do Prestige nas costas galegas o que o animou a involucrarse no movemento ecoloxista.

VITORIA – GASTEIZ
Nomeada como Green Capital en 2012, galardón da Comisión Europea que recoñece anualmente a unha cidade europea de máis de 100.000 habitantes líder en materia de sustentabilidade ambiental, social e económica. O seu Anillo Verde, posto en marcha hai 30 anos, responde a un deseño urbano comprometido coas zonas verdes e a súa xestión municipal inclúe unha política de servicios próximos á cidadanía.

FERNANDO DE JUANA ARANZANA
Enxeñeiro de Montes e Xefe da Unidade de Anillo Verde y Biodiversidad, Departamento de Medio Ambiente, do Concello de Vitoria-Gasteiz. Está vinculado a este proxecto dende os seus inicios no ano 1992.

Inscrición
  • As prazas son limitadas.
  • Imprescindible inscrición previa.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio