Actividade online (plataforma Zoom)
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
12 e 19 de xuño de 2025
18-20 h. (España peninsular)
Jorge Morales Miranda. Consultor en Interpretación do Patrimonio
“A interpretación efectiva é un proceso creativo de comunicación estratéxica que produce conexións intelectuais e emocionais entre o público visitante e o recurso que é interpretado, logrando que xere os seus propios significados sobre ese recurso, para que o aprecie e goce” (Morales e Ham, 2008).
Segundo o Modelo TORA de Sam Ham, como referente metodolóxico para este tipo de comunicación, a "interpretación" debe ser:
A práctica nesta disciplina (interpretación do patrimonio) require ademáis dun ingrediente moi especial para que esta funcione de maneira efectiva: a creatividade.
As tres xornadas anteriores trataron:
Estas IV Xornadas de Interpretación van enfocadas á Recreación do Patrimonio, estratexia coñecida tamén como “Animación do Patrimonio”, “Teatralización do Patrimonio”, “Living History”… aínda que cada unha ten as súas especificidades, por suposto. Por tanto, estas IV Xornadas teñen como obxectivo coñecer algúns casos nos que se aplica a estratexia da Recreación do Patrimonio e o seu impacto nos habitantes dos territorios onde se intervén.
Actividade gratuíta.
Prazas limitadas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org