• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Unboxing the change. Charla-escape sobre emerxencia climática + presentación libro de Alfonso Peña

Vostede está aquí

Unboxing the change. Charla-escapa sobre emerxencia climática + presentación libro de Alfonso Peña

Unboxing the change. Charla-escape sobre emerxencia climática + presentación libro de Alfonso Peña

Prazas limitadas

Charla-escape sobre emerxencia climática

Unboxing the change  é unha actividade para grandes grupos que aborda a temática da emerxencia climática. Está dirixida a todo tipo de públicos, e o seu obxectivo é que as persoas participantes comprendan que é o cambio climático, por que se produce, que consecuencias ten e tamén que se podería facer para mitigalo e adaptarse. Todo nun ambiente lúdico e interactivo, cooperativo e competitivo, nunha experiencia dacabalo   entre unha charla divulgativa, unha obra de teatro e un xogo de escape.

Durante unha hora e media, nun ritmo trepidante, as persoas participantes terán que ir descifrando distintos códigos e superando diferentes probas á vez que prestan atención á información que lle vai trasladando o dinamizador da actividade. Todo para tentar abrir unha caixa con cadeados, dentro da cal non só hai un premio para quen consiga abrila en primeiro lugar, senón que tamén aparecerá unha mensaxe que desvelará a clave para que, como sociedade, teñamos éxito na loita contra o cambio climático. Tarxetas, sombreiros, mandos a distancia... os/as asistentes veranse envolvidos nun despregamento de recursos onde as cousas non sempre son o que parecen, onde o enxeño será máis necesario que nunca, e onde a intelixencia colectiva e a cooperación serán indispensables para afrontar o reto.

Dirixida a

Aínda que a actividade ten especial interese para as persoas vinculadas ao ámbito da educación ambiental, formal ou non formal, está dirixida a todo tipo de públicos, incluído o xuvenil a partir de 14 anos.

Imparte:

Alfonso Peña Rotella,  Xeógrafo e Educador Ambiental. Xefe de Servizo de Información Ambiental e Sustentabilidade na administración autonómica de Cantabria. Especializado en experiencias e estratexias de innovación educativa e creador do xogo de escape.

Presentación do libro ‘Cinco ideas para entender la crisis climática’

Aproveitando a presenza de Alfonso Peña no CEIDA, ao finalizar a charla-escape presentaremos o seu libro  ‘Cinco ideas para entender la crisis climática’,  publicado en 2025 pola editorial Tébar Flores.

1. É real. 2. Somos nós. 3. Consenso científico. 4. É mala. 5. Hai esperanza

Nun momento no que o mundo se atopa ao borde dunha crise ambiental sen precedentes, o obxectivo deste libro é proporcionar unha guía ao lector para comprender a complexidade e a urxencia da situación actual. Apoiado en conceptos e datos científicos, a través dunha linguaxe accesible e exemplos claros, o autor desmonta os principais mitos e ideas erróneas sobre a crise climática provocada polo ser humano.

Non só se analizan as causas e as consecuencias perxudiciais deste desafío global, senón que tamén se traza un camiño hacia a esperanza, e se plantexa unha crise climática como unha oportunidade única para repensar a nosa relación co planeta e cos nosos semexantes.

Un libro contribúe a espallar a semente do cambio audaz e universal que require a crise climática, tendo como faro os tres piares da educación ambiental: aportar información rigurosa e de calidade, despertar o espíritu crítico e convidar á acción.

Onde e cando

  • Venres, 26 de setembro.
  • Antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora.
  • Charla-escape: 17.30 h.
  • Presentación libro: 19 h.

Inscrición

Como o aforo é limitado, agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio