• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Ciclo de conferencias online: Entre Sar e Sarela

Vostede está aquí

Ciclo de conferencias online: Entre Sar e Sarela
Prazas limitadas
Data
mércores, 22 Outubro, 2025 a mércores, 5 Novembro, 2025
Lugar

Plataforma Zoom CEIDA

Organiza
  • Concello de Santiago de Compostela.
  • IBADER, Universidade de Santiago de Compostela.
Colabora
  • CEIDA
Financia

Fundación Biodiversidad – Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europa – NextGenerationEU.

Antecedentes

O Proxecto “Entre Sar e Sarela” para o fomento de actuacións dirixidas á renaturalización e resiliencia de cidades españolas correspondente ao ano 2022, conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto está coordinado polo Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é impulsar a renaturalización urbana e a infraestrutura verde de Santiago de Compostela para favorecer a conectividade ecolóxica do Anel Verde Exterior coa trama urbana.

Obxectivos
  • Dar a coñecer as estratexias de Infraestrutura Verde a nivel estatal e autonómico.
  • Reflexionar sobre o papel das entidades locais no marco das súas competencias en materia de infraestrutura verde.
  • Presentar exemplos de proxectos que se están a desenvolver en distintas cidades e que poden ser de aplicación no contexto galego e estatal.
  • Dar a coñecer as actuacións do Proxecto “Entre Sar e Sarela”.
Dirixido a
  • Alcaldes e concelleiros/as.
  • Responsables políticos e técnicos das áreas de medio ambiente das Administracións Locais.
  • Persoal técnico de entidades locais.
  • Profesionais e outras persoas interesadas.
Programa

22 DE OUTUBRO.  ESTRATEXIAS DE INFRAESTRUTURA VERDE

  • 10.50 h.- Benvida.
  • 11.00 h.- Renaturalización de cidades no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).
    • Dna. Victoria Pérez García. Fundación Biodiversidad. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
  • 11.40 h.- Proxecto “Entre Sar e Sarela” – Proxecto para a renaturalización, mellora da biodiversidade e consolidación da infraestrutura verde de Santiago de Compostela.
    • D. Xesús Manuel Domínguez Domínguez. Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras do Concello de Santiago de Compostela.
    • D. Diego Carreira Flores. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural – IBADER. Universidade de Santiago de Compostela.
  • 12.20 h.- Infraestrutura verde, cambio climático e zonas multifuncionais.
    • Dna. Inés Santé Riveira. Profesora Titular da Universidade de Santiago de Compostela.
  • 13.00 h.- Conclusións e clausura.

 

29 DE OUTUBRO.  RENATURALIZACIÓN E RESTAURACIÓN AMBIENTAL EN ESPAZOS URBANOS E PERIURBANOS

  • 10.50 h.- Benvida.
  • 11.00 h.- Marco xurídico da restauración ambiental. O papel das administracións locais.
    • D. Javier Sanz Larruga. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.
  • 11.45 h.- Infraestrutura verde, conectividade e restauración ecolóxica no Concello de Salamanca.
    • D. Jaime Laso Riesco. Técnico da Área de Medio Ambiente do Concello de Salamanca.
  • 12.30 h.- Proxecto Camiños de Biodiversidade.
    • Dña. Boriana Christova Minkova. Servizo de Parques e Xardíns. Concellería de Medio Ambiente. Concello de Valladolid.
  • 13.00 h.- Conclusións e clausura.

 

5 DE NOVEMBRO.  ADAPTACIÓN URBANA AO CAMBIO CLIMÁTICO

  • 10.50 h.- Benvida.
  • 11.00 h.- Proxecto Green Gap – impulsando infraestruturas verdes a nivel local.
    • Dna. Cristina García Fontán. Arquitecta e Doutora pola Universidade da Coruña na especialidade de urbanismo. 
  • 11.45 h.- Anel verde de Vitoria - Gasteiz.
    • D. Fernando de Juana Aranzana. Xefe da Unidad de Anillo Verde y Biodiversidad. Departamento de Medio Ambiente do Concello de Vitoria-Gasteiz.
  • 12.30 h.- Anel verde da baía de Santander.
    • D. Carlos Sánchez. Presidente da Fundación Naturaleza y Hombre.
  • 13.00 h.- Conclusións e clausura.
Inscrición

Prazas limitadas.

Imprescindible inscrición previa a través do formulario.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio