Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
A vocación deste curso é contribuír ao cambio de paradigma nas relacións humanas, formando persoas que coñezan e integren na súa práctica diaria a revolución que supón aprender a traballar en grupo.
O obxectivo principal é que o estudante tome conciencia dos elementos e dinámicas presentes en calquera grupo, organización ou equipo de traballo, e adquira as habilidades, ferramentas e coñecementos necesarios para:
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.
O curso estrutúrase en torno a 6 módulos de fin de semana, aos que se pode asistir de xeito independente ao longo do ano (de outubro de 2013 a xuño de 2014), e un proxecto persoal.
A Facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais; tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima relacional onde abunde a confianza e unha comunicación fluída, empática e honesta.
A educación ambiental, ferramenta necesaria para alcanzar unha sociedade sustentable, ten na participación social e na organización comunitaria alicerces para as transformacións sociais que se perseguen. A Facilitación significa poñer a conciencia xunto coas nosas interaccións, apoiando a diversidade e o noso propósito común. Os conflitos son naturais e poden ser creativos e produtivos. Pero, sen facilitación os conflitos son custosos. Repítense e escalan e minan a nosa resolución e o espírito de equipos e organizacións. A Facilitación fai a diferenza.
Prezo
420 € todo o curso (70 €/módulo)
80 € módulos independentes
Prazos de pagamento para o curso completo
80 € - 1º prazo
210 € - 2º prazo (antes do 10 decembro 2013)
130 € - 3º prazo (antes do 18 marzo 2014)
Máis información
formacion@ceida.org - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org