• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Ferramentas técnicas para a xestión da biodiversidade urbana. Sistemas de Información Xeográfica

Vostede está aquí

Ferramentas técnicas para a xestión da biodiversidade urbana. Sistemas de Información Xeográfica
Edición Galicia
Data
luns, 28 Setembro, 2026 a martes, 15 Decembro, 2026
Lugar

Formación online

Organiza

CEIDA

Obxectivos

Obxectivos Xeral:

Esta formación enmárcase no Proxecto 'RESTAURANDO TERRITORIOS: Capacitación para unha Transición Xusta' e ten por obxectivo formar a profesionais en activo para favorecer unha transición ecolóxica que xere novas oportunidades de emprego.  Está financiada polo Fondo Social Europeo+ a través do Programa Empleaverde+ da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, polo que a actividade é gratuíta para as persoas participantes.

 

Obxectivos Específicos:

  • Coñecer os sistemas de información xeográfica.
  • Obter e manexar datos xeográficos a través do Programa QGIS.
  • Adquirir coñecementos sobre igualdade de oportunidades e participación que permitan unha transición ecolóxica e social xusta.
  • Coñecer o que son as habilidades brandas e como nos poden axudar a ser mellores profesionais.
Dirixido a

Esta edición está dirixida a persoas traballadoras en activo, tanto por conta allea coma por conta propia da Comunidade Autónoma de Galicia (será necesario acreditar a situación laboral para ser admitidos/as no curso).

Imparte
  • Alberto Varela García. Profesor da área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da Universidade da Coruña.
  • Área de Formación do CEIDA.
Contidos
  • Sistemas de información xeográfica - 40 h.
    • Conceptos fundamentais de cartografía e introdución á información xeográfica.
    • Fontes cartográficas para a xestión da biodiversidade. Búsqueda e uso.
    • Consulta e visualización de datos en QGIS.
    • Edición de información xeográfica en QGIS.
    • Xeoprocesamento de datos vectoriais.
    • Sesións online en directo.
    • Entrega de exercicios prácticos (data límite de entrega: 31/10/2026).
  • Igualdade de oportunidades e perspectiva de xénero – 4 h.
    • Persoas, natureza e igualdade de oportunidades.
    • Desigualdades de xénero e igualdade efectiva na restauración ecolóxica.
    • Interseccionalidade e diversidade na restauración ecolóxica.
    • Coidados, corresponsabilidade e ferramentas para a igualdade na restauración ecolóxica.
    • Perspectiva de xénero nos SIX: fontes cartográficas e análise da biodiversidade.
    • Cuestionario de autoavaliación (data límite de realización 15/12/2026).
  • Habilidades brandas – 5 h.
    • Introdución ás habilidades brandas.
    • Comunicación e intelixencia emocional.
    • Organización persoal e traballo en equipo.
    • Adaptación ao cambio, resolución de problemas e mellora continua.
    • Crecer como profesional: compromiso, mellora continua e desenvolvemento persoal.
    • Cuestionario de autoavaliación (data límite de realización 15/12/2026).
Requisitos
  • Todas as persoas participantes no proxecto deberán recibir, de xeito obrigatorio, polo menos 4 horas sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e 5 horas sobre habilidades brandas.
  • Sen a realización dos exercicios prácticos do SIX e dos test dos módulos de igualdade de oportunidades e habilidades brandas non se poderá obter o certificado de realización do curso.
Inscrición
  • Actividade gratuíta.
  • Prazas limitadas.
  • Imprescindible inscrición previa a través do seguinte formulario:

            

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio