CEIDA
Deputación da Coruña, programa 'Para unha Transición Ecolóxica'
O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa educación ambiental de todos os sectores sociais e articula, para acadar esta fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a toda a cidadanía. Entre os principais destinatarios atópanse os centros educativos de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, que ano tras ano participan nas diversas actividades que o equipo de educadores do CEIDA deseña segundo as caracteristicas e particularidadesdes de cada centro.
Polo tanto, o CEIDA, co apoio da Deputación da Coruña e a través do programa “Para unha Transición Ecolóxica”, pon en marcha, neste primeiro trimestre do curso 2026-2027, un programa formativo online para profesorado coa finalidade de achegar información e coñecemento sobre as problemáticas ambientais actuais, proporcionando recursos que lle sirvan para traballar estas temáticas na aula.
Somos conscientes de que na actual sociedade que estamos a vivir o eido ambiental cada vez corre máis risco e, por tanto, tamén é obxectivo dunha consideración maior, tanto a nivel social xeral como na educación formal a todos os niveis. É por iso que consideramos que estas actividades poden resultar útiles para o persoal docente que terá que traballar nalgún momento sobre temas ambientais vencelladas ao currículo escolar e aos contidos dos diferentes cursos académicos.
Está dirixido principalmente ao profesorado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional da rama científica, aínda que tamén poderá inscribirse o persoal docente doutras ramas.
A finalidade das actividades é tamén que o profesorado sexa protagonista e poña en valor as súas dúbidas, experiencias, ideas, inquietudes e cuestións de calquera tipo en relación ás temáticas traballadas.
O programa formativo online abarcará as tres liñas actuáis do programa 'Para unha Transición Ecolóxica':
As actividades terán lugar os xoves de novembro e decembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas:
As actividades son gratuitas e independentes entre sí, podéndose anotar a unha ou a varias diferentes, pero é imprescindible a inscrición previa.
As prazas son limitadas (no caso de que existan máis solicitudes que prazas disponibles tería prioridade o profesorado da provincia da Coruña).
Inscrición a través da web do CEIDA, a través do seguinte enlace:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org