16 - 20 h.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
IIFAC-e
Todas as persoas interesadas en desenvolver e potenciar as súas habilidades relacionadas co traballo con grupos, equipos de traballo, colectivos e organizacións.
César Fernández Pérez. Membro de Instituto Internacional de Facilitación y Cambio (IIFAC-e)
A Facilitación é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e persoais. Nun grupo non só temos reunións e tomas de decisións senon que hai outros espazos de participación igualmente importantes; a creatividade, a cohesión grupal e o espazo emocional do grupo. Cada un deles require de habilidades e técnicas diferentes para ser xestionado, asegurar o bo funcionamento do grupo e que a diversidade inherente a calquera grupo sume en vez de restar. Nesta xornada faremos un pequeno percorrido por estes espazos e experimentaremos con algunhas das ferramentas para facilitalos e xestionalos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org