O curso desenvolverase en 20 horas, distribuídas en sesións de 4 horas as tardes do xoves e o venres, e 12 horas durante o sábado.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
CEIDA, BioLearn
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Pretende dar a coñecer ás especies de carnívoros presentes en Galicia e o seu papel ecolóxico no medio, así como dotar aos alumnos e alumnas dunhas competencias básicas nas metodoloxías de mostraxe non invasiva, e na identificación dos rastros destes animais, de cara á súa aplicación en estudos científicos ou técnicos, tales como Estudos de Impacto Ambiental, Xestión de Especies, etc.
O curso está dirixido a profesionais do Medio así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.
Os obxectivos do curso abordaranse dende unha perspectiva eminentemente práctica que inclúe a elaboración de trampas de pelo e pegadas, realización introdución ao estudo de carnívoros de transectos de indicios, instalación de estacións de fototrampeo, e revisión de estacións de fototrampeo colocadas con anterioridade á realización do mesmo.Estes contidos prácticos apóianse nunha exposición dos contidos teóricos do módulo que acheguen ao alumno aos conceptos relevantes, sendo o alumno quen toma un papel activo mediante o emprego das ferramentas, técnicas e equipos,
aprendendo de primeira man o manexo das mesmas.
Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Julián Mangas (www.biolearn.org)
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org