Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
IFACEe
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.
Interésache se
César Fernández. IIFAC-E
A comunicación non é neutral e resulta unha ferramenta máis para a aprendizaxe e crecemento grupal. Neste módulo estudaranse os elementos que afectan á comunicación nun grupo, os tipos de comunicación e as barreiras da mesma. Veremos a importancia de entender os procesos de comunicación que se dan a nivel interno (comigo mesmo/a), con outras persoas e dentro do grupo, incluindo como expresar a recibir críticas. Entenderemos a importancia de escoitar os procesos de feedback e retroalimentación e como traballar cos mesmos dende o rol de facilitador/a.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org