• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Curso-Obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio

Vostede está aquí

Curso-Obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio CEIDA
Data
xoves, 7 Xullo, 2016 a sábado, 16 Xullo, 2016
Horario

O curso ten unha duración de 24 horas e se desenvolverá no seguinte horario:

  • Xoves 7 xullo: 16 - 20 h.
  • Venres 8 e sábado 9 xullo: 10 - 14 h. / 16 - 20 h.
  • Domingo 10 xullo: 10 - 14 h.
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos

Obxectivo xeral

Coñecer os novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.

Obxectivos específicos

Os participantes serán capaces de:

  • Describir a metodoloxía TORA da interpretación.
  • Aplicar esta metodoloxía a mensaxes interpretativos.
  • Aplicar o proceso da interpretación para desenvolver "produtos interpretativos" secuenciais e non secuenciais.
Dirixido a

Traballadores/as con funcións en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos e museos (persoal de educación e difusión, turismo cultural, ecoturismo), xestores/as culturais, guías de ecoturismo, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, etc.
O curso está HOMOLOGADO ademáis para Guías de Turismo de Galicia

Metodoloxía

Se empregará a metodoloxía de obradoiro teórico-práctico. As actividades prácticas estarán enfocadas a aplicar conceptos, técnicas e procedementos de interpretación do patrimonio en casos simulados.

Imparte

Jorge Morales Miranda, Consultor en Interpretación do Patrimonio

Contidos
  • A interpretación do patrimonio (IP) para xerar actitudes.
  • Os tres piares da IP: o Recurso, os Destinatarios, as Técnicas.
  • Características do público non cautivo.
  • O recurso con potencial interpretativo.
  • A metodoloxía para “provocar o pensamento”.
  • Interpretación Secuencial e Interpretación Non secuencial.
  • O Proceso da Interpretación para deseñar produtos interpretativos.
  • Percorridos interpretativos guiados.
  • Exhibicións e exposicións interpretativas, revisión de casos.
Inscrición

95 € de matrícula

Prazas limitadas por rigurosa orde de solicitude

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio