De 20 a 00 h.
Castelo e parque de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA, BioLearn
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Concello de Oleiros
A actividade ten un carácter divulgativo, e está dirixida a todos os públicos.
Queres achegarte ao mundo dos morcegos? Ven a coñecer onde viven, cales son as súas necesidades, que mitos e lendas agochan, que ameaza a súa existencia... e moito máis na Noite Europea de Morcegos!
Observaremos estas marabillosas criaturas ao anoitecer, aprendemos a escoitar e identificar a súa actividade, e capturaremos algúns exemplares para identificalos en man e tomar datos biométricos e fisiolóxicos.
Actividade gratuita
Prazas limitadas
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org