Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)
A facilitación é unha disciplina innovadora cuxa finalidade é axudar aos grupos a volverse máis efectivos. Mediante un conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas, o facilitador/a traballa para crear as condicións que permitan o desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais, tanto na consecución dos seus obxectivos e realización da súa visión, como na creación dun clima onde reine a confianza e a comunicación fluida, empática e honesta.
Este curso axudarache a mellorar os espazos de reunión e toma de decisións, a creatividade e intelixencia colectiva, a comunicación, a xestión de conflitos, as dinámicas de poder e liderado, ou a xestión emocional grupal, entre outros moitos aspectos.
Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.
Interésache se...
A inscrición pode realizarse por curso completo ou por módulos de maneira independente.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org