A Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), á que pertence o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, acaba de elaborar unha nova Guía de Recursos sobre Interpretación do Patrimonio. A guía inclúe libros, revistas, contribucións (artigos de revistas, comunicacións a congresos, capítulos de libros) e sitios de interese en internet. Na maioría dos casos se indica tamén os centros RECIDA onde se poden localizar e pedir en préstamo.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org