Prestige: Crónica negra dun modelo enerxético insostible. [Oleiros, A Coruña]: CEIDA; [Barcelona]: Fundación Territori i Paisatge, DL 2007.
O 19 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige parte en dous e afunde a 130 millas do cabo de Fisterra. Ao día seguinte xa estaban tinxidos de negro máis de 300 quilómetros de costa galega. O impacto da marea negra sobre o medio natural foi moi elevado, provocando tamén un forte impacto social e económico. Coa publicación deste libro, o CEIDA, xunto á Fundación Territori i Paisatge, pretende facer reflexionar sobre o noso modelo de consumo de enerxía, ademáis de estimular nos lectores novos comportamentos a prol dun novo modelo enerxético máis sostible ambientalmente.
Prezo: 20 € (en papel).
Acceder á publicación electrónica (CD-Rom)
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org