• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Traballar coa diversidade. Liderado e relacións de poder nos grupos. Módulo 3 do Curso Básico de Facilitación de Grupos

Vostede está aquí

Curso Basico Facilitacion Grupos CEIDA
Data
venres, 20 Xaneiro, 2017 a domingo, 22 Xaneiro, 2017
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora

Instituto Internacional de Facilitación e Cambio (IIFAC-E)

Dirixido a

Educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, emprendedoras/es sociais, xestores, activistas sociais, animadores/as socioculturais, participantes de organizacións interesadas en mellorar o seu funcionamento grupal ou en como facilitar cambios positivos e satisfactorios nas súas organizacións, grupos e comunidades dunha forma participativa, innovadora e potenciando a diversidade.

Imparte

Mireia Parera. IIFAC-E

Descrición

Conciencia das dinámicas da diversidade relacionadas coa cultura, xénero, etnia, raza. Facilitar a diversidade interna e externa incluíndo o traballo coas realidades históricas e a diversidade persoal e cultural dos estilos de liderado. Diferentes formas de poder nos grupos, formas de empregalo e diferentes estilos de liderado. Explorar a diversidade dos grupos, como se experimenta tanto a nivel interno, entre as relacións dentro do grupo, e nas interaccións do grupo cara o exterior. A relación do poder e a diversidade e como podemos como facilitadores/as contribuír a que haxa unha maior claridade e consciencia dentro dos grupos acerca da relación entre a diversidade e as relacións de poder.

Interésache se

  • parte do teu tempo o pasas en grupos
  • traballas en equipo e/ou organizacións sociais
  • queres mellorar a participación na túa organizacion
  • queres aprender a xestionar os confitos grupais
  • queres explorar outros xeitos relacionarte contigo mesm@, co@s demáis e coa túa contorna
Inscrición
  • Prezo de matrícula: 105 €
  • Prazas limitadas

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio