• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Rede Pardela - Rede Hispano-Lusófona para a Xestión das Áreas Naturais Protexidas

Vostede está aquí

Rede Pardela

 

A Rede Hispano-Lusófona de Xestores de Áreas Naturais Protexidas (Pardela) xurde da necesidade de crear un espazo de colaboración mutua que contribúa a unha mellora da eficacia na xestión das áreas naturais protexidas dos países de lingua oficial portuguesa.

Pardela nace no ano 2010 ao amparo dun proxecto precedente apoiado pola  Fundación Biodiversidad,  pero é no ano 2012 cando se sentan as bases para a sua posta en marcha a través dun novo proxecto promovido conxuntamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o  Organismo Autónomo Parques Nacionales  do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España, financiado novamente pola Fundación Biodiversidad.

OBXECTIVOS

obxectivo principal da rede é  crear un escenario de intercambio de experiencias e adquisición de destrezas na xestión das áreas naturais protexidas no mundo, incluíndo especialmente a todos os países da  Comunidade de Países de Lingua Portugesa (CPLP)  e a España, con particular destaque en Galicia.

Entre os seus obxectivos específicos destacan:

  • O intercambio de información, experiencias e recursos humanos.
  • O asesoramento na consecución de fondos para os proxectos.
  • A capacitación do persoal técnico das áreas naturais protexidas.
  • A divulgación da rede e a interconexión con outras redes.
     

MÁIS INFORMACIÓN

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio