A Rede Hispano-Lusófona de Xestores de Áreas Naturais Protexidas (Pardela) xurde da necesidade de crear un espazo de colaboración mutua que contribúa a unha mellora da eficacia na xestión das áreas naturais protexidas dos países de lingua oficial portuguesa.
Pardela nace no ano 2010 ao amparo dun proxecto precedente apoiado pola Fundación Biodiversidad, pero é no ano 2012 cando se sentan as bases para a sua posta en marcha a través dun novo proxecto promovido conxuntamente polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Organismo Autónomo Parques Nacionales do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de España, financiado novamente pola Fundación Biodiversidad.
O obxectivo principal da rede é crear un escenario de intercambio de experiencias e adquisición de destrezas na xestión das áreas naturais protexidas no mundo, incluíndo especialmente a todos os países da Comunidade de Países de Lingua Portugesa (CPLP) e a España, con particular destaque en Galicia.
Entre os seus obxectivos específicos destacan:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org