O vindeiro venres 5 de maio, ás 20 h., terá lugar na Sala de Exposicións do CEIDA a inauguración da exposición ‘Metamofose do Bosque Atlántico’ do escultor coruñés Pancho Castelo, que recolle máis de 40 obras realizadas con ‘creba milenaria’ ou madeira recollida nas praias e bosques do noroeste peninsular. No acto estarán presentes Dona. Mª Esther Garrido, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros; D. Carlos Vales, director do CEIDA; ademáis do propio artista, e contará coa interpretación do dúo de música clásica de Candela Tellado (contrabaixo) e María Tejeiro (flauta). Ao final da xornada convidarase aos asistentes cun viño. Máis información
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org