• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Capacitación e traballo en rede dos xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique

Vostede está aquí

Capacitación e traballo en rede dos xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique

 

A conservación das áreas de interese biolóxico e ambiental en países cun baixo desenvolvemento económico e unha elevada demografía supón un gran reto de xestión, pois existe unha gran presión local para facer acopio de recursos, ocupación do territorio, etc. Este desafío choca coa realidade duns cadros de xestores destas áreas protexidas cunha formación específica insuficiente e que, por tanto, non dispoñen dos recursos e coñecementos necesarios para afrontar con éxito un reto de semellantes dimensións.

Con este proxecto, desenvolvido co apoio da Fundación Biodiversidad no ano 2010, pretendéuse pois contribuir á conservación da biodiversidade de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique xunto ao desenvolvemento sustentable das súas comunidades humanas, mediante a adecuada e completa formación dos responsables da xestión dos Espazos Naturais Protexidos (ENP) destes países. Con el os participantes puideron adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para aplicar os métodos e técnicas de xestión máis adecuadas para estes territorios, traballar en rede e ter tamén acceso aos recursos e instrumentos financieiros cos que conseguir alcanzar as metas de conservación da biodiversidade, compatibles cun adecuado desenvolvemento e progreso socioeconómico da poboación, beneficiarios últimos da acción de conservación. 

Obxectivos

Os principais obxectivos do proxecto foron:

  • Formar aos responsables nacionais de conservación e/ou directores de áreas protexidas en metodoloxías e procesos de xestión dos ENP adaptada á realidade dos países obxecto; así como implementar medidas produtivas baixo unha perspectiva de desenvolvemento sustentable que permitisen a conciliación social e o desenvolvemento socioeconómico das comunidades humanas que os habitan ou que están baixo o seu entorno de influenza; e como aproveitar das oportunidades de financiacion de organismos internacionais e axentes de cooperación.
  •  Favorecer a creación dunha rede de cooperación entre xestores de ENP destes territorios que servira de base para compartir experiencias, coñecementos e asesoramiento para o desenvolvemento eficaz da súa acción de conservación.
  • Contribuir aos esforzos da cooperación oficial española nos países sinalados, facilitando o coñecemento aos responsables da xestión dos ENP dos liñamentos, programas e fondos da cooperación oficial ao desenvolvemento de forma que puideran desenvolver deseños, medidas e plans de conservación dos seus ENP converxentes con estes. 
Actividades desenvolvidas
  • Curso de capacitación para xestores de Espazos Naturais de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique. 

Tivo lugar do 2 ao 16 de marzo de 2010 na sede do CEIDA, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e nel tiveron a oportunidade de formarse 20 xestores de espazos naturais protexidos: 8 de Cabo Verde, 3 de San Tomé e Príncipe, 4 de Guinea Bissau, 4 de Mozambique e 1 de Timor Oriental. Todos eles de países de fala lusófona e prioritarios para a cooperación española. 

  • Creación da Rede de Xestores e Responsables de Espazos Naturais Protexidos no Mundo Lusófono.

Concebida para dar continuidade ao proxecto, e aproveitando a estancia dos participantes africanos na sede do CEIDA, tivo lugar unha sesión fundacional co caracter constitutivo de creación dunha rede de xestores e responsables de espazos naturais protexidos no mundo lusófono. A Rede pretendía soster e reforzar os vínculos establecidos entre os participantes e contribuir ao obxectivo común de preservación nos seus respectivos territorios.

  • Edición dun manual de xestión da conservación adaptado á realidade dos países lusófonos africanos.

En formato CD-Rom, publicouse un manual que recolleu todos os contidos do curso de capacitación, ademáis doutros documentos de interese, co fin de reforzar os seus coñecementos, pero que tamén servise para moitos outros xestores que non tiveran a oportunidade de participar na acción formativa.

Galería

Curso capacitación xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique      Curso capacitación xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique      Curso capacitación xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique       Curso capacitación xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique       Curso capacitación xestores dos Espazos Naturais Protexidos de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique     

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio