A conservación das áreas de interese biolóxico e ambiental en países cun baixo desenvolvemento económico e unha elevada demografía supón un gran reto de xestión, pois existe unha gran presión local para facer acopio de recursos, ocupación do territorio, etc. Este desafío choca coa realidade duns cadros de xestores destas áreas protexidas cunha formación específica insuficiente e que, por tanto, non dispoñen dos recursos e coñecementos necesarios para afrontar con éxito un reto de semellantes dimensións.
Con este proxecto, desenvolvido co apoio da Fundación Biodiversidad no ano 2010, pretendéuse pois contribuir á conservación da biodiversidade de Cabo Verde, San Tomé e Príncipe, Guinea Bissau e Mozambique xunto ao desenvolvemento sustentable das súas comunidades humanas, mediante a adecuada e completa formación dos responsables da xestión dos Espazos Naturais Protexidos (ENP) destes países. Con el os participantes puideron adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para aplicar os métodos e técnicas de xestión máis adecuadas para estes territorios, traballar en rede e ter tamén acceso aos recursos e instrumentos financieiros cos que conseguir alcanzar as metas de conservación da biodiversidade, compatibles cun adecuado desenvolvemento e progreso socioeconómico da poboación, beneficiarios últimos da acción de conservación.
Os principais obxectivos do proxecto foron:
Tivo lugar do 2 ao 16 de marzo de 2010 na sede do CEIDA, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros), e nel tiveron a oportunidade de formarse 20 xestores de espazos naturais protexidos: 8 de Cabo Verde, 3 de San Tomé e Príncipe, 4 de Guinea Bissau, 4 de Mozambique e 1 de Timor Oriental. Todos eles de países de fala lusófona e prioritarios para a cooperación española.
Concebida para dar continuidade ao proxecto, e aproveitando a estancia dos participantes africanos na sede do CEIDA, tivo lugar unha sesión fundacional co caracter constitutivo de creación dunha rede de xestores e responsables de espazos naturais protexidos no mundo lusófono. A Rede pretendía soster e reforzar os vínculos establecidos entre os participantes e contribuir ao obxectivo común de preservación nos seus respectivos territorios.
En formato CD-Rom, publicouse un manual que recolleu todos os contidos do curso de capacitación, ademáis doutros documentos de interese, co fin de reforzar os seus coñecementos, pero que tamén servise para moitos outros xestores que non tiveran a oportunidade de participar na acción formativa.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org