• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Educación ecosocial' de Miriam Campos Leirós

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Educación ecosocial' de Miriam Campos Leirós

Presentación do libro 'Educación ecosocial' de Miriam Campos Leirós

Aforo limitado

A mestra, educadora ambiental, e coordinadora de Teachers for Future Spain,   Miriam Campos Leirós,  visitará a nosa biblioteca e centro de documentación ambiental para presentar o libro   Educación ecosocial: la respuesta a los retos del siglo XXI , unha obra que explora os desafíos aos que se enfronta a educación actual, propoñendo unha ollada integral e poñendo en valor conceptos como cidadanía e ben común. Cun enfoque práctico e perspectivas provocadoras, convida á reflexión e á acción, debuxando un camiño educativo hacia un futuro máis equitativo, sostible e consciente. O acto contará cun diálogo coa profesora da  Universidade da Coruña   Araceli Serantes Pazos.

Sobre a obra

O libro explora os desafíos aos que se enfronta a educación actual, desde a crise ambiental ata a perda de valores comunitarios. Analiza como afectan ao ámbito educativo as preocupacións ambientais e as consecuencias do cambio climático, que conleva desde a dificultade de acceso a bens fundamentais como a auga, desplazamentos poboacionais masivos, o incremento de problemas de saúde, ou o aumento da fenda social. En definitiva, aborda a necesidade urxente de replantexar a educación apara poñer en valor novas formas de relación co planeta que habitamos e entre as persoas que nel cohabitamos.

Miriam propón unha ollada integral, cuestionando o individualismo, e poñendo en valor conceptos como cidadanía e ben común. Cun enfoque práctico e perspectivas provocadoras, convida á reflexión e á acción, debuxando un camiño educativo cara a un futuro máis equitativo, sostible e consciente. Desde a análise de diferentes áreas de vida fanse propostas educativas para familias ou para materializar na aula. Ofrece unha ollada educativa de interconexión ao estilo da pedagoxía de Freinet, con anclaxe na vida e nas problemáticas actuais para abordar os retos presentes e futuros.

Sobre a autora, Miriam Campos Leirós

Miriam Campos Leirós é mestra, educadora ambiental e experta en xestión social do hábitat e deseño participativo. 

En 2014 levou a cabo o proxecto PlasticOFF e deste entón non deixou de promover accións, dentro e fora da aula, para a concienciación polo coidado do planeta e a cooperación na educación. Participou en diferentes foros universitarios como divulgadora de experiencias educativas e ambientais e de educación ecosocial.

Formou parte da Asamblea Cidadá polo Clima promovida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico como experta independente, e actualmente é coordinadora de  Teachers for Future Spain,  un colectivo de docentes preocupados polo medio ambiente, o cambio climático e as súas consecuancias, que leva a cabo accións concretas para mudar a xestión dos centros escolares e promover a educación ecosocial.


 

Sobre Araceli Serantes Pazos

Profesora Contratada Doutora da Universidade da Coruña, é especialista en Educación Ambiental (equipamentos para a educación ambiental). Membro de ECIGAL-UDC (Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global), de GPEA-UFMG (Grupo de Investigación en Educación Ambiental, Comunicación e Arte da Universidade Federal do Mato Grosso), SEPA-USC (a través do Proxecto ResClima), do Seminario Permanente sobre Equipos Educativos Ambientais do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), membro da SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental), AIP (Asociación para la Interpretación del Patrimonio) e SIPS (Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social).

Ten ampla experiencia laboral no campo da Educación Ambiental e da Cooperación para o Desenvolvemento, tanto no sector público e privado, como no terceiro sector. Tamén como docente e investigadora nestes mesmos campos. As súas liñas de investigación son a Educación Ambiental, a Interpretación do Patrimonio, o uso público nas Áreas Naturais Protexidos, os movementos sociais e participación cidadá, o desenvolvemento local e a animación sociocultural. Actualmente está máis enfocada en aspectos educativos do cambio climático, xustiza ambiental e en educación para unha cidadanía global.


 

Acto de presentación

O acto de presentación terá lugar o   vindeiro venres, 14 de febreiro, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do   Pazo de Lóngora.

O   aforo é limitado,   polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio