O vindeiro sábado, 5 de agosto, ás 20 h., o CEIDA inaugura na súa Sala de Exposicións (pranta baixa do Castelo de Santa Cruz, Oleiros), unha exposición colectiva da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), que recolle unha selección de obras de 37 artistas (pintura, escultura e fotografía) coa natureza como temática común. A mostra permanecerá na sede do CEIDA ata o vindeiro 2 de setembro. Máis información
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org