• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Educación para a Conservación: Charla sobre o programa formativo da Asociación Biomas

Vostede está aquí

Educación para a Conservación: Charla sobre o programa formativo da Asociación Biomas

Educación para a Conservación: Charla sobre o programa formativo da Asociación Biomas

O sábado, 6 de outubro, a Asociación Biomas, organización sen ánimo de lucro especializada na formación de cursos de campo vinculados á bioloxía de conservación, visitará o CEIDA para presentar o programa formativo que a entidade leva desenvolvendo desde o ano 2011 en diferentes países do mundo, como Kenia, Marrocos, Costa Rica, México, Uganda ou España. A asociación pretende formar a futuros profesionais da área de bioloxía de conservación nas ferramentas e técnicas de campo máis empregadas no estudo e a conservación da vida silvestre en xeral, ofrecendo cursos atractivos en hábitats e países diferentes. 

O relatorio terá lugar no Salón de Actos do Castelo de Santa Cruz ás 12 h., e está aberto a todas as persoas interesadas. Aínda que non precisa inscrición, agradecemos confirmar asistencia no correo  formacion@ceida.org   ou no teléfono 981 630 618.

Pode consultar máis información de Biomas en:  https://www.bio-mas.org/

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio