• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Aprender Natureza: Xornada de Presentación do Catálogo de Lugares Naturais de Interese Pedagóxico

Vostede está aquí

Aprender Natureza: Xornada de Presentación do Catálogo de Lugares Naturais de Interese Pedagóxico
Data
venres, 30 Novembro, 2018
Horario

De 10.30 a 14.00 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Obxectivos
  • Reflexionar sobre a conexión da sociedade actual coa natureza.
  • Resaltar a función dos lugares ricos en biodiversidade como espazos para fomentar a curiosidade, coñecemento, respecto e aprecio pola natureza.
  • Dar a coñecer o Catálogo Aberto de Lugares Naturais de Interese Pedagóxico como fonte de información ao servizo da comunidade educativa no seu sentido máis amplo.

 

Dirixido a

Persoal docente ou vinculado á comunidade educativa (ensino primario, secundario, ciclos formativos, universidade), educadores/as ambientais, xestores/as de uso público, monitores/as de tempo libre, intérpretes do patrimonio, ou público xeral interesado.

Programa
  • 10.30 h. Café de benvida.
  • 11.00 h. Por que aprender natureza? Antonio Sandoval Rey, escritor, ornitólogo e comunicador ambiental.
  • 11.45 h. Presentación do Catálogo Aberto de Lugares Naturais de Interese Pedagóxico. Sergio París Gómez, educador ambiental do CEIDA e Simón Neira Dueñas, responsable de Innoto S.L.
  • 12.30 h. Percorrido guiado: As aves da Bahía de Santa Cruz: Un exemplo de lugar natural de interese pedagóxico.
  • 14:00 h. Clausura da xornada.

 

Inscrición
  • Asistencia gratuita.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio