Xa están dispoñibles na páxina web os materiais divulgativos e técnicos editados dentro do proxecto 'Un mar de vida para a cidadanía': Biodiversidade e Servizos dos Ecosistemas do Golfo Ártabro', que o CEIDA desenvolveu durante este ano co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do programa Pleamar do FEMP. O proxecto pretendía sensibilizar á sociedade no seu conxunto e a colectivos específicos relacionados co medio mariño acerca do valor da biodiversidade e servizos dos ecosistemas litorais e mariños e o patrimonio marítimo do Golfo Ártabro, para o fomento de usos, actividades e prácticas sostibles no medio mariño.
Ao longo deste 2018 realizáronse diferentes actividades formativas e divulgativas para acadar este fin, das que xurdiron unha serie de documentos técnicos e divulgativos, así como material audiovisual. Os diferentes recursos poden descargarse ou visualizarse nas seguintes ligazóns:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org