• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Mesas de traballo sectoriais: Identificación de impactos sobre as aves do Golfo Ártabro

Vostede está aquí

Mesas de traballo sectoriais: Identificación de impactos sobre as aves do Golfo Ártabro

Dentro do proxecto   'Aves Ártabras. Bases Participativas para a Declaración dunha ZEPA no Golfo Ártabro',  que o CEIDA está a desenvolver este ano co apoio da   Fundación Biodiversidad,  do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa pleamar do FEMP, a entidade anima a todas as persoas interesadas a participar nos Grupos de Traballo Sectoriais para a determinación de impactos e interaccións sobre as aves mariñas deste territorio.

O proxecto 'Aves Ártabras' pretende promover unha proposta dende o territorio para a declaración dunha ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) no Golfo Ártabro. A través dos Grupos de Traballo Sectoriais, o CEIDA intentará identificar os impactos da actividade humana sobre as aves mariñas do Golfo Ártabro; as interaccións positivas ou negativas por parte das aves mariñas cos distintos sectores sociais; as oportunidades e/ou problemáticas entre as aves mariñas e o sectores sociais; os conflictos, intereses, sensibilidades, etc. nos distintos ámbitos competenciais da Administración; ou a sensibilidade e opinión dos distintos sectores cara a conservación das aves mariñas.

Para elo, convocaranse 8 grupos de traballo sectoriais, agrupados en 4 datas:

  • 3 abril: 16.30 a 19.30 h. Sector Turismo e Sector Recreativo.
  • 4 abril:
    • 10.30 a 13:30 h. Sector ONG e Sector Académico.
    • 16.30 a 19.30 h. Sector Produtivo (pesca, marisqueo, acuicultura, etc.)
  • 5 abril: 10.30-13:30 h. Sector Administración Local, Administración Ambiental e Administración marítimo-pesqueira.

Todas as persoas ou entidades interesadas que formen parte dalgún dos grupos citados en participar nos Grupos de Traballo Sectoriais, deberán confirmar asistencia en: educacion@ceida.org - 981 630 618. No caso de ter interese pero non poder asistir a causa do horario agradeceríamos que o comunicasen de cara a unha mellor planificación de vindeiras actividades.

Descargar dossier informativo do proxecto

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio