• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Maletas naturalistas: Coñecendo o noso Patrimonio Natural

Vostede está aquí

Maletas naturalistas

Maletas naturalistas: Coñecendo o noso Patrimonio Natural

O Centro de Documentación Ambiental do CEIDA, co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, acaba de poñer en marcha un novo servizo dirixido aos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia: as maletas naturalistas. Trátase dunha selección de guías de flora, fauna, fungos, cadernos de campo e outros recursos didácticos que ofrece en préstamo de forma totalmente gratuita a todos os centros interesados. Con elas pretende dar a coñecer entre o alumnado o patrimonio natural da nosa contorna e, ademáis, fomentar a realización de actividades ao aire libre.

Máis información en:  http://www.ceida.org/gl/biblioteca-e-documentacion/maletas-viaxeiras

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio