O CEIDA acolle na súa Sala de Exposicións 'Momentos: 100 anos a ombreiros de xigantes', mostra fotográfica dos primeiros parques nacionais de España, o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, e o Parque Nacional de Picos de Europa, con motivo da celebración do centenario que conmemoraron ambos espazos protexidos no 2018. Producida polo Organismo Autónomo Parques Nacionales para la Transición Ecológica, a exposición está composta por 32 fotografías de grande formato, permitindo aos visitantes adentrarse na grandiosidade destes espazos protexidos en distintos momentos do pasado e o presente.
'Momentos' non pretende realizar un repaso histórico dos parques homenaxeados, senón aunar unha serie de relatos que, a través das imaxes, falan das súas múltiples facetas, abordando aspectos relacionados cos seus valores naturais e paisaxísticos, así como cos seus respectivos territorios.
Permanecerá na sede do CEIDA ata o vindeiro 6 de xuño. O horario de visitas é de luns a venres de 9 a 14 h. e sábados de 11 a 14 h.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org