Do 4 ao 6 de outubro o Concello de Vicedo e o Concello de Mañón organizan o Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculados á Ornitoloxía na Costa Norte de Galicia, coa colaboración do CEIDA e SEO/Birdlife. A actividade está dirixida á mocidade (mozos e mozas de entre 18 a 30 anos) con interese polas aves silvestres en particular e a natureza en xeral, con vontade de iniciarse de maneira activa nas claves do turismo ornitolóxico e na práctica da ornitoloxía como forma de lecer persoal e/ou en familia.
A inscrición é gratuita e o material preciso para a súa realización será aportado pola organización. As prazas son limitadas.
Máis información e inscricións: https://cursoturismoornitoloxico.gal
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org