Ao longo de 2019 o CEIDA executou o proxecto "Aves_Artabras. Bases participativas para la declaración de una ZEPA en el Golfo Ártabro", co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica, a través do Programa pleamar cofinanciado polo FEMP.
Como resultado dos traballos científicos realizados para avanzar no coñecemento das poboacións de aves mariñas do Golfo Ártabro e dun proceso social participativo, xurde esta publicación que pretende sentar as bases para avanzar na protección destas importantes comunidades de aves, a través dunha proposta de declaración dunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) xurdida do propio territorio.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org