• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente co comunicador e naturalista Benigno Varillas

Vostede está aquí

Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente co comunicador e naturalista Benigno Varillas

Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente co comunicador e naturalista Benigno Varillas

21 de novembro, 19 horas

Nos actos de celebración do Centenario de Félix Rodríguez de la Fuente (1928-2028), o comunicador e naturalista  Benigno Varillas  visitará a biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA para presentar o   proxecto 'Magdalenia. Rewilding con bisontes e tarpanes para resilvestrar humanos',  e presentar o   libro  'Magdalenia I. Los últimos de la estirpe de los libres',  dúas iniciativas concebidas a partir das ideas de Rodríguez de la Fuente. 

En medio século de paciente labor, Varillas logrou descrifrar a mensaxe de Félix Rodríguez de la Fuente. Comezou a seguir os seus programas semanais de TVE en 1968, e en 2010 publicou a súa biografía autorizada, mais non entendeu a súa mensaxe ata 2011, ano no que conviviu durante meses co pobo paleolítico hadzabé de Tanzania. Este mes de novembro traerá este proxecto ao CEIDA para explicar o misterio que agocha a extraordinaria oratoria e a conexión paleolítica do célebre naturalista, cuxa misión quedou inconclusa ao morrer en 1980 en accidente. 

Conferencia  'Magdalenia. Rewilding con bisontes e tarpanes para resilvestrar humanos'

O ecoloxismo viviu varias etapas desde que Félix Rodríguez de la Fuente o relanzou en 1965. Todas elas aportaron melloras e permitiron que a vida salvaxe se recuperara, tras milenios de persecución e desolación neolítica. Mais para dar resposta á crise ecosocial actual (cambio climático, incendios forestais, inundacións, masificación, dependencia, paro xuvenil, inmigración...) é preciso unha política de xestión da natureza que atope outras maneiras de seguir avanzando para afrontar estes problemas. 

Magdalenia é unha iniciativa que pretende transformar a España vacía dependente en sector produtivo de vangarda captando cerebros que desenvolvan tecnoloxía e contidos dixitais. Un proxecto cuxo principal obxectivo é facer que a vida salvaxe xere actividade económica, repoblando as zonas rurais con teletraballadores extranxeiros e nacioais ubicados en paraísos naturais nos que se lles facilite producir contido de realidade virtual ao reciclar o seguemento e vixiancia de fauna salvaxe. 

Benigno Varillas falará do plan para ubicar na contorna dos Parques Nacionais de Doñana e das Tablas de Daimiel a primeira actuación piloto deste rede de poboados de teletraballadores, conservacionistas da natureza, que leven á práctica as ideas pioneiras esbozadas por Félix Rodríguez de la Fuente, a de impulsar unha rede de pequenas comunidades humanas nos espazos naturais que axuden a restituir a fauna primixenia desaparecida como cabalos salvaxes, uros ou bisontes, xunto ao resto de especies da fauna ibérica, recuperando a cultura da España magdaleniense.

Un Plan que o conferenciante ampliará en detalle nas VII Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade da Sociedade Galega de Historia Natural do vindeiro sábado en Pontevedra:   https://sghn.org/inscricion-vii-xornadas-de-patrimonio-natural-e-biodiversidade 

Libro 'Magdalenia I. Los últimos de la estirpe de los libres'

Novela histórica, do período de 1928-1948, que xira arredor da infancia e xuventude do célebre divulgador da natureza Félix Rodríguez de la Fuente. Traslada a mensaxe das propostas de futuro que este naturalista xa plantexou no seu tempo para acometer unha transición ecolóxica que nos leve a un modelo de sociedade sostible. A edicion do libro é un dos actos que conmemoran o Centenario do nacemento do popular naturalista, promovido pola revista de natureza  El Cárabo  , que chegou tamén ao seu centenario ao publicar o seu caderno número 100 en novembro de 2024. 

Magdalenia é o nome da Europa da Idade de Xeo, cando a vida se refuxiaba en España e no sur de Francia fai 14.000 anos. Félix conectou cos últimos vestixios que quedaban dos magdalenienses, a estirpe dos libres que mantiña un pacto co lobo para alimentarse. Historia que explica quenes éramos, en que nos convertimos, e en que medida a intelixencia artificial pode facilitar que volvamos a ser o que fumos, unha magnífica manifestación da vida, nun país sen fronteiras nin nacións chamado Planeta Terra, de poboación reducida, facendo que o mundo desexable sexa posible.

Sobre  Benigno Varillas

Benigno Varillas (Asturias. 1953), editor da revista de natureza   El cárabo  , traballou no diario  El País  onde introduciu en 1976 a sección 'Ecoloxía' como redactor especializado da sección de Cultura e Sociedade. Fundou e dirixiu a revista  Quercus  (1981-2001). Traballou, entre outros medios de comunicación, en Televisión Española en na revista  Natura (1983-1986). Foi coordinador da Estratexia contra o Uso de Veleno na Natureza do Ministerio de Medio Ambiente (2004-2006) e cooperante internacional para conservar fauna africana (2003-2011). Iniciou a publicación das memorias de Valverde en 2003 e de Félix Rodríguez de la Fuente en 2018. 

A conferencia e presentación do libro de Benigno Varillas terá lugar o vindeiro   xoves,  21 de novembro,  ás   19 horas,   nas antigas cabalarizas do  Pazo de Lóngora. 

O   aforo é limitado,   polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio