• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conferencia ‘Natureza e paisaxe: memoria, saúde e benestar' a cargo do escritor Carles Castell Puig

Vostede está aquí

Conferencia ‘Natureza e paisaxe: memoria, saúde e benestar' a cargo do escritor Carles Castell Puig

Conferencia ‘Natureza e paisaxe: memoria, saúde e benestar' a cargo do escritor Carles Castell Puig

Prazas limitadas!

O vindeiro   xoves, 9 de novembro,  terá lugar na sede da nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, a conferencia   ‘Natureza e paisaxe: memoria, saúde e benestar’   a cargo do escritor   Carles Castell Puig.

Nesta conferencia, compartiremos con Carles Castell, dende a sua visión como biólogo e experto en conservación, a importancia da natureza, da paisaxe e dos ecosistemas na vida das persoas, non só dende o punto de vista do seu disfrute e da súa beleza, seno tamén na nosa propia supervivencia. Cando falamos disto, non só falamos de saúde, tamén das singularidades dos territorios, dos sentimentos que nos inspiran e que nos marcan ao longo da nosa vida.

Aquí enlazamos coa temática da súa última novela, Camins de desig, onde o protagonista retorna á súa terra, o que leva implícito o regreso as súas paisaxes e ás súas lembranzas, e como os cambios producidos no seu territorio van en paralelo cos cambios na súa vida.

Sobre Carles Castell Puig   (Reus, 1962)

Doutor en Ecoloxía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB), e investigador do Centro de Investigación en Ecología y Aplicaciones Forestales (CREAF) da UAB durante moitos anos. Traballou na Diputación de Barcelona, desenvolvendo programas de análise, planificación, xestión e seguemento en espazos naturais, e foi tamén presidente de Europarc-España, a sección do estado español da Federación Europea de Parques. É un apaixoado da interfaz entre investigación e xestión, e disfruta escribindo: ciencia, divulgación, opinión, e tamén ficción. 

Neste ámbito literario, en 2008 publicou unha recopilación de contos satíricos,  I...,  coa que gañou o Premio Jaume Maspons y Safont, de Granollers (Premsa d'Osona). Dende entón, varios relatos foron galardonados e publicados en recomplilacións individuais e colectivas: Premio Llavor de Lletres, 2011; Premio Vent de Port, 2012 e 2016; Premios Literarios Ciutat de Tarragona, 2012 e 2013; Premio Literario de Valldoreix, 2016, entre outros. En 2014 publicou o seu segundo libro de relatos,  Relacions molt realtives  (Voliana Ediciones), previamente finalista do Premio El Lector de l'Odissea. En 2015 publica o libro   Els camps de la Torre Negra   (Ventall Edicions), no que o autor describe, con textos e fotografías, os cambios ao londo do ano deste emblemático paraxe santcugatense. Con   Set Pecats   (Edicions del Bullent, 2018) gañou o Premio Soler i Estruch de Castelló de la Ribera. 

O seu último libro publicado en 2022,    Camins de desig,   foi galardonado co Premio de Narrativa Vila d'Ascó. 
 

A conferencia terá lugar nas   antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora ás 19 h.    Como o aforo é limitado, agradécese   confirmar asistencia   no seguinte    FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio