• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: fieitos e libros

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: fieitos e libros

Conversas naturalistas: fieitos e libros

Prazas limitadas!

Os fieitos atópanse dentro do grupo de plantas máis primitivas da Terra. Poden localizarse en hábitats diferentes, mais sempre requiren de humidade. En Galicia son bastante abundantes nas beiras dos ríos, en barrancos, en zonas húmedas... mais tamén poden atoparse en medios máis hostís como rochas ou muros. Son unhas grandes superviventes, ademáis de descoñecidas! Por todo isto e moito máis, as   Conversas Naturalistas   deste mes de abril estarán adicadas aos  fieitos e libros,   e para achegarnos a eles contaremos coa presenza de   Manuel Pimentel   e   Eva Martínez Veiga. 

Manuel Pimentel Pereira

Doutor en Bioloxía, profesor titular da Área de Botánica da Universidade da Coruña e membro do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE). Especializado na sistemática vexetal, con énfase na brioloxía e na pteridioloxía (estudo dos briófitos e os fieitos). Membro da Directiva da Sociedade Española de Brioloxía, ten participado en numerosos estudos de evolución, diversidade e conservación de plantas. 

Eva Martínez Veiga

Graduada en Bioloxía pola Universidade da Coruña, Mestrado en Biodiversidade terrestre ca especialidade en Flora Terrestre, Investigadora contratada na UDC asociada ao proxecto de Revisión do Grupo 6 (Comunidades Herbosos Naturais e Seminaturais) da Directiva Hábitats 92/43/CEE para Galicia. Membro fundador de "Jóvenes por la Botánica Española (JxBE)" e membro da "Sociedade Botánica Española (SEBOT)". Participa en estudos de avaliación da calidade de hábitats terrestres, seguimento e avaliación do estado de conservación de especies vexetais ameazadas e da bioloxía reprodutiva da Pteridoflora galega. 

Inscrición

A actividade terá lugar o   vindeiro xoves, 25 de abril,  en horario de   19 a 21:00 h.  na actual sede da nosa Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental, o Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). As prazas son limitadas. 

As conversas naturalistas están dirixidas para   público xeral  (a partir de 14 anos).  Para poder asistir, é imprescindible reservar praza no seguinte      FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio