• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: gaivotas e libros

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: gaivotas e libros

Prazas limitadas!

As gaivotas son un dos grupos de aves de maior atracción para os ornitólogos/as ou aficionados/as máis experimentados/as, mais tamén supoñen un reto para os que se inician na observación das aves. A súa plumaxe depende da súa idade e período do ano, o que unido ao grande parecido entre varias especies fai que aprender a identificalas non sempre sexa doado.

O litoral de Galicia é un magnífico lugar para a observación de gaivotas, xa sexa nas súas praias, rías, ou portos. En época de migración e durante os invernos é unha das zonas máis relevantes da Península Ibérica para observar un elevado número de especies, por iso moitos ornitólogos europeos visitan a nosa costa durante o inverno, incluso para observar gaivotas pouco frecuentes procedentes doutras rexións do planeta. Por todo isto e moito máis que non sabemos, as   Conversas Naturalistas   deste mes de febreiro estarán adicadas ás  gaivotas e libros,   e para achegarnos a elas contaremos coa presenza do experto  Xabi Varela. 

Xabi Varela

Traballou en actividades relacionadas co seguemento de fauna e actualmente como garda de medio ambiente no Concello de Arteixo, aínda que a súa adicación ás aves exerceuna no ámbito amateur. Afeccionado á observación de aves dende neno, acumula unha experiencia de máis de 30 anos desenvolvendo esta actividade.

Colabora en diversos proxectos ou iniciativas coma en labores de revisión en   eBird,  de corresponsalía en  Reservoir Birds,  ou de vogalía no   Comité Avifaunístico Galego, así coma en proxectos audiovisuais coma o programa de ornitoloxía en streaming    Subalpine Live.

O seu esforzo céntrase nos dous grupos de aves favoritos, que son as limícolas e as gaivotas, especialmente en aspectos relativos á identificación e datado.

Inscrición

A actividade terá lugar o   vindeiro xoves, 29 de febreiro,  en horario de   19 a 21:00 h.  na actual sede da nosa Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental, o Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). As prazas son limitadas. 

As conversas naturalistas están dirixidas para   público xeral (a partir de 14 anos).  Para poder asistir, é imprescindible reservar praza no seguinte      FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio