• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Conversas naturalistas: morcegos e libros + Noite de morcegos!

Vostede está aquí

Conversas naturalistas: morcegos e libros + Noite de morcegos!

Conversas naturalistas: morcegos e libros + Noite de morcegos!

PRAZAS ESGOTADAS!

Este mes de setembro o Centro de Documentación Ambiental do CEIDA continúa co seu ciclo de Conversas Naturalistas, espazo de introdución ao mundo natural que combina a experiencia persoal de experto/as en determinadas materias e os libros que son imprescindibles para marabillarnos coa  biodiversidade nos seus diferentes ámbitos.

Esta cuarta actividade estará centrada no   mundo dos morcegos,  e para achegarnos a eles contaremos coa presenza de  Roberto Hermida,  con quen nos introduciremos na bioloxía destes seres tan especiais, identificaremos algunhas das especies que se poden atopar en Galicia,... mais tamén escoitaremos aquelas vivencias e experiencias persoais que o levaron a fascinarse polos quirópteros, así como as lecturas que considera indispensables para saber máis sobre estes mamíferos tan descoñecidos para a maioría das persoas.

Roberto Hermida

Doutor en Bioloxía, membro de Morcegos de Galicia e consultor freelance en todo o que teña que ver con morcegos. Participou en diferentes proxectos de investigación, seguemento e conservación de morcegos principalmente en Galicia e Castela e Léon, pero tamén noutras zonas de España e do estranxeiro. Na actualidade preside a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e dirixe o campo de traballo insuaCAMP que desde 2015 organizan conxuntamente a AGCT e Morcegos de Galicia, e que ten como uns dos protagonistas aos morcegos. Entre a súa obra cabe destacar  El dilema de Spallanzani y otras historias de murciélagos  publicado por Tundra Ediciones.

Noite de Morcegos

Como novidade, a cita deste mes ven acompañada dunha actividade extra: a Noite de Morcegos. O obxectivo desta actividade nocturna é achegar ao público participante o mundo dos morcegos e as técnicas que se empregan para o seu estudo. Da man do noso especialista, faremos observacións de emerxencias ao finalizar a tarde, e aprenderemos a escoitar e identificar a actividade dos morcegos polas súas emisións ultrasónicas.

A actividade terá lugar o  vindeiro 23 de setembro,  en horario de  19 a 22.30 h.  na actual sede do Centro de Documentación, o Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). As prazas son limitadas.

As prazas para esta actividade están ESGOTADAS

 

 

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio