A Biblioteca Verde do CEIDA acolle a exposición «O que vexo», da artista ourensá Mavi Lezcano González, unha mostra composta por arredor de dez obras de pequeno formato realizadas en pintura acrílica.
Nelas, a artista achega a súa particular ollada sobre a contorna que a rodea, tomando como fonte de inspiración a natureza, o mar, a paisaxe e os pequenos recunchos e detalles da vida cotiá que espertan a súa atención. A través da pintura, Mavi Lezcano procura compartir esa forma persoal de observar, interpretar e representar lo que ve.

Sobre o artista
Mavi Lezcano González (Ourense, 1968) pinta desde nena e foi construíndo a súa mirada artística ao longo dos anos, tanto a través dos seus estudos de Historia da Arte como da aprendizaxe xunto a diferentes pintores e pintoras, entre eles Segura Torrella, Montserrat Juárez, Charo Santiago e Xavier Muíños.
Ao longo da súa traxectoria participou en diversos certames artísticos, nos que a súa obra foi premiada e seleccionada, así como en exposicións individuais e colectivas celebradas en distintos espazos de Galicia.

Horario de visita
«O que vexo» poderá visitarse na Biblioteca Verde do CEIDA no seguinte horario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
[email protected]