• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'A saga das curandeiras' de Marisa Castro

Vostede está aquí

Presentación do libro 'A saga das curandeiras' de Marisa Castro

Presentación do libro 'A saga das curandeiras' de Marisa Castro

Prazas limitadas!

A recoñecida bióloga e micóloga galega,  Marisa Castro,  presenta na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental a súa primeira novela,  A saga das curandeiras  (Hércules de Edicións), unha biografía ficticia que nos achega a Rosalía Carcedo, unha curandeira galega a través de cuxa vida nos convida a facer unha viaxe durante a primeira metade do do século XX, desde a súa Galicia natal, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe á que volveu durante a ditadura. Alí, a personaxe de Rosalía, baseado na sabedoría dos antepasados da autora e dalgunhas curandeiras ás que visitou, continúa aplicando o seu coñecemento dos remedios naturais, a pesar da incomprensión e a incredulidade dos que a rodeaban.   A trama permite coñecer a relación das curandeiras coa poboación e coas autoridades civís e relixiosas, ademáis de aproximarnos ao uso das herbas e dos cogomelos, tando con fins curativos como máxicos, neste mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

Sobre a autora:

Marisa Castro Cerceda (Lugo, 1955), membro dunha saga de curandeiros, ata os 25 anos foi labrega como os seus pais.  Tivo a sorte de estudar na universidade e deixou que esta pasara por ela.  É micóloga, doutora en Ciencias Biolóxicas cun traballo relacionado cos cogomelos, e durante máis de 30 anos foi profesora da Universidade de Vigo, onde impartiu Botánica e dirixiu case unha decena de teses doutourais.  É socia fundadora da empresa MycoGalicia Plantae, con membros da súa equipa de investigación. 

Se a súa primeira profesión é a de docente, a segunda, sen dúbida, é a de divulgadora científica.  Marisa é ecoloxista, amante da naturaleza e defensora da liberdade feminina, especialmente na figura da muller rural galega.  É autora de máis dunha centena de traballos de investigación e de máis de 25 libros de divulgación relacionados cos cogomelos, as plantas e as árbores. 

O acto de presentación terá terá lugar o   vindeiro xoves, 27 de abril, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do  Pazo de Lóngora. Acompañará á autora a Profesora Titular de Botánica da Universidade da Coruña,   Elvira Sauquillo.

As   prazas son limitadas,   polo que agradecemos confirmar asistencia no seguinte     FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio