• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'La recivilización' de Fernando Valladares

Vostede está aquí

Presentación do libro 'La recivilización' de Fernando Valladares

Presentación do libro 'La recivilización' de Fernando Valladares

Aforo limitado

O prestixioso ecólogo especialista en cambio global e investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturales do CSIC,  Fernando Valladares,  presenta na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental o seu último libro,   La recivilización. Desafíos, zancadillas y motivaciones para arreglar el mundo  (Editorial Destino), un texto divulgativo que ofrece elementos clave para afrontar a crise socio-económica, política e ecolóxica que conleva o actual cambio climático, un dos maiores desafíos ao que a humanidade se ten enfrontado. 

Sobre Fernando Valladares Ros

Doutor é en Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid e profesor de investigación do CSIC, onde dirixe o grupo de Ecoloxía e Cambio Global no Museo Nacional de Ciencias Naturais. É, ademáis, profesor asociado da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. Publicou máis de 450 artigos científicos e libros en ecoloxía e bioloxía vexetal sendo un científico altamente citado na área de Ecoloxía e Medio Ambiente (atópase desde 2016 entre o 1% de científicos máis citados do mundo cun índice H de 85).

Actualmente é vicepresidente da Sociedad Ibérica de Ecología. A súa investigación está centrada nos impactos do cambio global nos ecosistemas terrestres e nos mecanismos de tolerancia e supervivencia a condicións ambientais extremas.

Contribúe semanalmente en numerosos medios de comunicación, realiza diariamente unha activa divulgación científica directa nas súas canles de “La salud de la Humanidad” en Youtube, Twitter, Instagram e Facebook, é responsable da sección Ciencia Critica de eldiario.es e escribe de forma habitual en diversos xornais como en The Conversation-España. Mantivo o blog Planeta Mutante no xornal Público entre 2011 e 2013.

En 2020 recibiu o premio de transparencia informativa da Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA), a Distinción Ecosistemas Luis Balaguer da Asociación Española de Ecología Terrestre (AEET), o Climate Leader Award na categoría de Investigación e Educación concedido polo Climate Reality Project-España, e o Premio Adenex (Asociación para la Defensa de la Naturaleza y los Recursos de Extremadura) na categoría Científica.

Sobre La recivilización

Vivimos en guerra. Uns contra outros. Contra nós mesmos. Contra a natureza. Vivimos borrachos de tecnoloxía e soberbia, na convicción de que temos asegurada a supervivencia. Con todo, nunca estivo tan ameazada como agora, cando tocamos fondo como civilización. Cambio climático, perda de especies, guerras pola auga e violacións crecentes dos dereitos humanos. Esforzámonos en comprender esta crise, aínda que ao mesmo tempo fuximos cara adiante confiando na tecnoloxía ou mesmo a negamos por interese ou medo. Se a ciencia ten ben afinado o diagnóstico e as solucións, por que non avanzamos na súa resolución? O libro ofrece unha mirada crítica á nosa relación coa natureza e subliña a necesidade de preservar unha contorna natural saudable para nosa propia supervivencia. Porque hoxe, máis que nunca, é preciso dirixirnos hacia un modelo ecosocial basado na confianza, a empatía, a colaboración, máis que na competencia e a sobreexplotación. Un momento histórico no que debemos repensarnos para seguir existindo, e cuestionar o modelo de civilización. 

O acto de presentación terá lugar o   vindeiro luns, 18 de novembro, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do   Pazo de Lóngora.

O   aforo é limitado,   polo que agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio