• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Las almas de Cabo Blanco' de Lola Pereira

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Las almas de Cabo Blanco' de Lola Pereira

Presentación do libro 'Las almas de Cabo Blanco' de Lola Pereira

Prazas limitadas

A escritora coruñesa, docente, e ambientalista   Lola Pereira  presenta no noso centro de documentación ambiental o seu último libro,  Las almas de Cabo Blanco,  unha novela baseada na historia real de Nicolas Wesberg e Karen Mogensen, matrimonio que nos anos 50 viaxou desde Suecia a Costa Rica para loitar por un mundo máis xusto e respectuoso co medio natural. Con eles coñeceremos a historia da creación da Reserva Nacional Absoluta Cabo Blanco, o espazo protexido máis antigo do país, no norte da provincia de Puntarenas.

Un amor escandinavo durante a Guerra Fría. Unha vida espartana na selva de Costa Rica. Unha dedicación incansable para establecer a primeira reserva natural do país. Unha morte inesperada e misteriosa. Un coatí dócil que consola a unhas mulleres con pensamentos suicidas. Unha loita continua para a conservación da natureza máis aló da morte. Unha historia verídica. (Resumo da contraportada).

Sobre a autora:

Lola Pereira Varela é escritora e docente a través da Narrativa de Contos da Tradición Oral, pola Universidad Pontificia de Salamanca. Viviu 24 anos en Costa Rica, impulsando activamente o fomento á lectura e á conciencia ambiental para o Ministerio de Educación Pública. É cofundadora do Liceo Rural Santa Teresa e autora do Programa de Rescate da Identidade Cultural nesa poboación. Traballou co Sistema Nacional de Educación Musical de Costa Rica en programas para combatir a explotación infantil, especialmente nas zonas rurais. Ten publicado os libros La escuela del mar (2013), Recetas de cuento (2014), Mensajeros del futuro (2018) e Las almas de Cabo Blanco (2022).

O acto de presentación terá lugar o vindeiro  xoves, 9 de marzo,  nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora ás 19 horas,  onde ademáis de conversar coa autora, conectaremos vía online co sueco   Tommy Asberg,  da Asociación Amigos de Cabo Blanco (que axudou á autora na investigación previa coa tradución das cartas que Nicolas intercambiou co seu pai durante vinte anos); e   Nelson Espinosa,  director da Reserva Absoluta Cabo Blanco.

As   prazas son limitadas,   polo que agradecemos confirmar asistencia no seguinte   FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio