O vindeiro venres, 3 novembro, a escritora Silvia Salgado, presenta a súa última obra literaria, 'Verde en el tejado', na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental.
'Sobre a obra'
Publicada por Hércules Ediciones, 'Verde en el tejado' mistura literatura, natureza e vida. A través dunha prosa que rexistra un profundo lirismo, a autora escribe unha fermosa historia de amor en todas as súas dimensións. Un eloxio á vida e á beleza que se atopan nos detalles máis simples, como as flores e os libros.
'Verde en el tejado' narra o momento vital de Olivia Lobo, que está no que Dante chamou no medio da vida, cando non alcanzas a ver o seu inicio, pero tampouco vislumbras o final: cando podes permitirte facer calquera cousa. Olivia ten corenta e poucos anos, unha filla que voa soa, un matrimonio en salvavidas, e traballa para un despacho de avogados familiar, pero quere abrir un atelier de flores coa herencia que lle deixou a súa nai. Olivia será capaz de enfrontarse ao seu futuro, entendendo o seu pasado - un pasado familiar difícil- grazas á peculiar relación que entabla con outra muller, Virginia, unha acuarelista de flores silvestres que vive na cidade de Verona.
Non obstante, máis alá da ficción, cando termina esta novela, comeza outra historia: unha verídica. Alí onde se mostran as cartas que inspiraron o relato, cartas que a autora intercambiou coa artista e ilustradora Sarai Llamas. "Porque outras cousas sucederon mentras se escribía esta novela, só había que alzar a vista, ver a herba nos tellados. Inventar unha dor e un amor, para aliviar outra dor e outro amor".
Silvia Salgado
Naceu en Barcelona en 1974. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universitat Autònoma de Barcelona, ten un posgrao en Xornalismo acreditado pola Universidade de Columbia de Nova Iorque. É autora das novelas 'Mientras hilan las mariposas' (2016), 'La aldea' (2017), 'El intermedio que somos' (2019) e 'Si te vuelves invierno' (2021). Colabora como columnista en El ideal gallego. É profesora de talleres de escritura creativa. Fomenta, coordina, e dirixe varios clubes de lectura. Na actualidade, reside coa súa familia na localidade de Mera (Oleiros). Declárase para sempre unha amante amateur da fotografía.
Silvia é, ademáis, usuaria habitual do noso centro de documentación ambiental, onde puido documentarse para a escrita desta quinta novela.
O acto terá lugar ás 19 horas nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros). Acompañará á autora a editora Laura Rodríguez.
Como o aforo é limitado, agradécese confirmar asistencia a través do seguinte FORMULARIO ou no teléfono 981 630 618.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org