A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” constitúese en xullo de 2008 como Grupo de Desenvolvemento Rural coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, públicos e privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación.
A estratexia de desenvolvemento concibida pola Asociación ten como obxectivo final a valorización do territorio, incidindo na mellora da calidade de vida da poboación local a partir da valorización do patrimonio natural, cultural e do fomento da cohesión social, marco no que se desenvolve o presente proxecto.
O proxecto pretende desenvolver accións demostrativas e experimentais co fin de determinar a eficiencia da compostaxe doméstica en distintos contornos socioeconómicos representativos da comarca da Betanzos e, partindo desta, obter información técnica coa que basear o deseño dun futuro sistema de compostaxe doméstica que puidese abarcar o conxunto de territorio e reducir os aportes da fracción de materia orgánica ao sistema de recollida e tratamento industrial do lixo en vivendas. O proxecto tamén pretende contribuír a sensibilización cidadá en materia de residuos e sobre a necesidade de minimizar a súa xeración.
A finalidade principal do proxecto é experimentar o funcionamento da compostaxe doméstica en diferentes tipoloxías de unidades familiares, vivendas e contornos sociais e xeográficos da comarca de Betanzos. Especificamente trazáronse os seguintes obxectivos:
Detectar as dificultades e identificar vantaxes que o sistema presenta nos diferentes contornos sociais e territoriais.
Aumentar a sensibilización social cara a necesaria redución da xeración de lixo en vivendas.
Aumentar a compostaxe doméstica na comarca de Betanzos reducindo o aporte de materia orgánica ao sistema de recollida e tratamento de lixo.
Os concellos participantes nesta iniciativa engloban unha área que pretende representar diversas tipoloxías de núcleos de poboación. Hai territorios nos que priman as vivendas con hortas colindantes e activas; outras zonas máis caracterizadas pola abundancia de vivendas unifamiliares con xardín; e outras áreas con núcleos de poboación onde predominan urbanización con zonas verdes comúns.
Aínda que a área de actuación da Asociación para o Desenvolvemento Rural de Mariñas – Betanzos é maior, este proxecto, por razóns operativas, está restrinxido a determinados concellos da Comarca de Betanzos, que son:
O proxecto tivo unha duración dun ano, comezando a primeiros de outubro de 2010 e rematando a finais de setembro de 2011.
O proxecto proxecto conta coa subvención da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se completará cunha achega económica da Asociación para o Desenvolvemento Rural de Mariñas – Betanzos.
Os núcleos familiares seleccionados e participantes no proxecto o farán de xeito gratutito. Todos os materiais, visitas e servizos de asesoramento serán facilitados totalmente de balde.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org