Este proxecto busca mellorar a capacitación profesional e adaptación ao mercado laboral de técnicos e persoal de entidades locais e traballadores de empresas de servizos en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas.
Dentro do tránsito hacia unha economía verde existe una crecente demanda no referente á compatibilización da xestión municipal coa conservación da súa biodiversidade tanto en áreas rurais como urbanas, considerando a esta como proveedora de servizos para a cidadanía en todo tipo de ambientes humanos.
Este proxecto pretende aumentar a capacitación profesional de técnicos e persoal de entidades locais e traballadores de empresas de servizos en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, conceptos innovadores e de crecente relevancia en este ámbito profesional.
Plantéxase para elo un programa formativo composto por un ciclo de cursos temáticos presenciais e un curso on-line a desenvolver nas catro provincias galegas, e un curso mixto a desenvolver en Asturias. Ademáis, contémplase a implementación dun servizo de asesoramento para os traballadores destinatarios de Galicia e unha iniciativa de innovación social e traballo en rede.
2017-2018
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org