O Foro Humboldt Coruña constitúese no ano 2017 como un ámbito de estudo e debate impulsado por institucións da comarca coruñesa que sitúa como referencia a figura do científico Alexander von Humboldt.
Entre os seus obxectivos destacan:
No marco deste Foro Humboldt Coruña desenvolverase unha programación anual de actividades que incluirán conferencias, actividades de divulgación científica e ambiental, actividades formativas para educadores, divulgadores e técnicos de turismo e diversos actos culturais.
O Foro Humboldt Coruña está impulsado polas seguintes institucións:
Atopamos a Humboldt cada vez que nos desprazamos polo mundo. Ben nas grandes capitais, como Berlín ou New York, onde a súa estatua aparece en lugares privelixiados da cidade, ben rotulando rúas, dando nome a institucións, premios ou fenómenos naturais. Non é de extrañar, Alexander von Humboldt (1769-1859) foi un dos homes de Ciencia máis relevantes da historia, un dos derradeiros sabios universais: naturalista e descubridor, investigador e aventureiro, xeólogo e humanista. Salientou como pioneiro nunha disciplina que hoxe chamamos Ecoloxía, púxoa na axenda da humanidade, pois iniciou o estudo científico do Medio Ambiente.
Os resultados das súas múltiples investigacións enriqueceron numerosas ramas das ciencias e foi un pioneiro na popularización científica. Así, o Cosmos foi un auténtico bestseller, ofrecendo unha síntese do coñecemento global. Os seus escritos divulgativos sobre ciencias naturais foron acollidos con entusiasmo polo público do seu tempo, espallando a imaxe da ciencia como modelo intelectual rigoroso e como poderoso instrumento na busca do benestar e felicidade humana. Acadou un grande recoñecemento e foi modelo de científico, viaxeiro ilustrado e divulgador, exemplo de científicos posteriores, como Darwin.
O pensamento científico de Humboldt mantén certa vixencia. A súa visión global do mundo, o respecto polas diferentes culturas, a defensa da interacción entre o coñecemento humanístico e científico sitúano como un pensador fundamental na construción da modernidade cultural e científica. E nun precursor na preocupación pola defensa do medio ambiente, antecedente da batalla fronte o cambio climático.
A súa labor científica colleu forma e transcedeu a raíz da súa expedición americana (1799-1804), que lle deu sona mundial. A súa actividade obtivo un grande impacto. Co exemplo de sonadas exploracións científicas, como as de James Cook, un Humboldt mozo emprendeu unha grande aventura científica. Iniciou esa importante exploración polas colonias españolas de América en A Coruña, cidade da que partiu o 5 de xuño de 1799. Explorou as actuais Colombia, Venezuela, Cuba, Ecuador, Perú e México. Nos dez días que estivo en A Coruña, agardando que os ventos fosen propicios para a saída do barco, desenvolveu un amplo labor: recolleu e preparou plantas; examinou algas e moluscos; visitou e inspeccionou a Torre de Hércules; comprobou a lonxitude entre a Torre de Hércules e o Observatorio marítimo de Ferrol.
Galicia, e concretamente A Coruña, forman parte da historia “humboldtián”. Unha oportunidade para facer da nosa cidade un punto de referencia na historia da modernidade cultural e medioambiental e para conectala con potenciais visitantes interesados por ese pasado.
O 5 de xuño, día no que Humboldt saíu de Coruña cara América, sírvenos de marco para votar a andar o “Foro Humboldt Coruña” como punto de referencia internacional na nosa preocupación polas culturas do mundo e a defensa do ambiente.
A Coruña foi, desde 1689 ata 1815, unha das escalas dos Falmouth Packets, o que supuña toda a correspondencia oficial e privada entre a monarquía española, as colonias americanas e os reinos da Gran Bretaña e do norte do continente. Por esa salientable circunstancia a nosa cidade pasou a ocupar unha especial posición no intercambio postal internacional.
Á conexión postal con Falmout sumouse, en 1764, a apertura do porto coruñés ao tráfico comercial con América a través doutros Correos Marítimos. As conexións postais co Reino Unido (Falmouth) e América fixeron do porto coruñés un dos principais centros postais de Europa.
Dende a cidade enviábase toda a correspondencia oficial e privada entre a monarquía española, as colonias americanas e os reinos de Inglaterra e do norte do continente. Esas conexións fixeron do porto coruñés un dos principais nós postais de Europa e contribuíron de xeito especial no incremento da actividade económica local.
Os buques dos Correos Marítimos saían a principios de cada mes desde A Coruña cara o de La Habana, e, desde a capital cubana partían barcos que recollían a correspondencia e levaban mercadorías de Veracruz, Tierra Firme e Perú. Un usuario ilustre desta ruta foi Alexander von Humboldt, que partiu o 5 de xuño de 1799 nun dos paquebotes dos Correos, El Pizarro.
As instalacións dos Correos Marítimos contaban con dous peiraos, un estaleiro de reparacións, obradoiros e almacéns na zona da Palloza, nas inmediacións da desembocadura do río de Monelos, supoñendo ata uns 1000 empregos. Co remate da súa actividade en 1802, co traslado a Ferrol, o almacén xeral de víveres foi utilizado para o edificio da Fábrica de Tabacos (creada en 1804), que tamén integrou dous escudos de pedra identificativos dos Correos. Un deles “perdeu” a coroa no sexenio democrático (1868-1874), pois as cigarreiras daquel tempo non tiñan excesiva simpatía pola monarquía.
Cos cambios e o actual proceso de restauración da Fábrica de Tabacos eses escudos pasaron a seren expostos ao público nas proximidades do edificio.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org