• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

NORAVES: Evaluación e mitigación da mortalidade accidental de aves mariñas en artes de pesca na Demarcación Noratlántica

Vostede está aquí

NORAVES: Evaluación e mitigación da mortalidade accidental de aves mariñas en artes de pesca na Demarcación Noratlántica

Este proxecto desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado pola Unión Europea polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura).

Descrición do proxecto

A finalidade de NORAVES é realizar unha completa avaliación da mortalidade accidental de aves mariñas en artes de pesca na Demarcación Mariña Noratlántica, especialmente nas súas Zonas de Especial Protección para as Aves. Conta con catro bloques principais: análise espazo-temporal da actividade pesqueira na Demarcación; seguimento de especies obxectivo e descrición do uso espazo-temporal das augas mariñas; análise conxunta de ambas as fontes de información para a descrición de interaccións aves-pesca e zonas de solapamento, así como unha completa avaliación da mortalidade accidental; ensaio e proposta de medidas de mitigación e xestión para administracións e sector pesqueiro. Destacan como aspectos clave do proxecto a innovación, a participación do sector pesqueiro, a xeración de coñecemento técnico-científico de calidade e a cooperación entre entidades públicas e privadas e a continuidade e cooperación cofinanciados pola Fundación Biodiversidade.

Obxectivos

NORAVES ten como obxectivo contribuír á mellora do coñecemento da magnitude do impacto da mortalidade accidental en artes de pesca nas poboacións de aves mariñas da Demarcación Mariña Noratlántica, con especial atención ás súas ZEPA mariñas, e realizar propostas de xestión e mitigación que contribúan á redución do impacto existente.

Para alcanzar este obxectivo exponse os seguintes obxectivos específicos:

  1. Realizar unha análise espazo-temporal da actividade pesqueira con artes con potencial impacto sobre as aves mariñas na Demarcación Noratlántica.
  2. Describir a distribución e hábitat no mar das especies de aves mariñas obxectivo na Demarcación Noratlántica.
  3. Avaliar a interacción entre aves mariñas e actividade pesqueira e o impacto da mortalidade accidental en artes de pesca.
  4. Ensaiar medidas de mitigación da mortalidade accidental en colaboración co sector pesqueiro.
  5. Elaboración e proposta de protocolos de rexistro de mortalidade accidental de aves mariñas.
  6. Formar a profesionais do mar e ámbitos relacionados en materia de mortalidade accidental, rexistro, xestión e mitigación do impacto.
  7. Promover a cooperación entre entidades públicas e privadas, a colaboración intersectorial, a participación do sector na xestión e mitigación da mortalidade accidental.
  8. Divulgar e comunicar á sociedade, con especial atención aos profesionais do mar, a importancia da conservación das aves mariñas do territorio, o impacto da mortalidade accidental e boas prácticas para a súa mitigación.
  9. Propoñer medidas de xestión e mitigación para a redución da mortalidade accidental.
Período de execución

2024-2026

Accións a desenvolver
  • A0. Plan de comunicación.
  • A1. Análise espazo-temporal da actividade pesqueira.
  •  A2. Análise do uso espazo-temporal da DM polas aves mariñas.
  •  A3. Análise da interacción entre aves mariñas e actividade pesqueira, e avaliación do impacto da mortalidade accidental.
  • A4. Ensaio de medidas de mitigación de mortalidade accidental de aves mariñas.
  • A5. Elaboración de protocolo de rexistro de mortalidade accidental de aves mariñas.
  • A6. Formación a profesionais da pesca, confrarías e administracións públicas en materia de mortalidade accidental e rexistro de eventos.
  • A7. Proceso participativo co sector pesqueiro.
  • A8. Elaboración informe final con propostas de xestión para a redución da mortalidade accidental.

 

Socios

                              

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio