AmbientalMENTEsustentable. Xaneiro-Xuño 2015. Ano X. Vol I, núm. 19
A educación ambiental non está presente nas axendas políticas de moitos dos países; neste momento, no que os problemas ambientais parecen non ter límites e a súa gravedade resulta asustadora, moitas administracións públicas e entidades privadas desvían a súa antención, inhibiéndose da súa responsabilidade cara á sociedade.
Este número da revista recolle unha serie de propostas de acción en distintos escenarios: desde a participación política, á formación do profesorado nas Universidades ou dos axentes ou guías-intérpretes no marco da Unión Europea, até en espacios tan concretos como son os Centros de Interpretación Ambiental.
Presentamos ademáis a proposta de texto da Axenda 2030 proposta desde Nacións Unidas, Transformando Nosso Mundo: A Agenda 2030 para o Desenvolvimento Sustentável, na que se quere marcar un Plan de Acción a través dos obxectivos globais. Esta Axenda contén 17 Obxectivos de Desenvolvimento Sustentável e 169 metas a cadar até o ano 2030.
Unha vez máis, ambientalMENTE sustentable desexa ser ese espacio de reflexión e intercambio coa intención de promover un Planeta máis equitativo e comprometido coa vida.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org