As Especies Exóticas Invasoras están consideradas como o segundo dos factores que maior incidencia teñen tanto sobre a perda de biodiversidade, como na redución da capacidade de fornecer servizos por parte dos ecosistemas naturais e seminaturais. Esta monografía, editada polo CEIDA e o IBADER, aborda a problemática e a súa situación no territorio galego. A publicación recolle os relatorios presentados durante o transcurso do seminario formativo “Especies exóticas invasoras: situación e propostas de mitigación”, organizado polo CEIDA e celebrado no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) durante o mes de outubro de 2017.
Contidos:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org