• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

As aves na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Vostede está aquí

As aves na reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo CEIDA
Data
venres, 26 Febreiro, 2016 a sábado, 27 Febreiro, 2016
Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Obxectivos

Xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Metodoloxía

A xornada desenvolverase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. As actividades se realizarán en cada unha das reservas da biosfera galegas, prestando especial atención á observación e conservación das aves máis características de cada unha delas.

Contidos

VENRES 26

  • 16-16.45 h. Mapa da observación de aves na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: cando e onde. Sergio París
  • 16.45-17.30 h. Oportunidades para o turismo ornitolóxico en Galicia e na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Antonio Sandoval
  • Descanso
  • 18-18:45 h. Anelando aves silvestres no encoro de Abegondo-Cecebre: ciencia e educación. Xosé Manuel Carregal
  • 18:45-19:30 h. Trucos, consellos e experiencias para iniciarse na fotografía de aves. Daniel Monteagudo

SÁBADO 27

  • 9:30-14 h. Coñecendo e contando especies. Marathon ornitolóxica colaborativa na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Inscrición
  • Prezo de matrícula: 10 €
  • Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio